PLATAFORMA COMPOSTELA ACCESIBLE
Plataforma Compostela Accesible é unha plataforma cidadá sen ánimo de lucro que traballa por unha cidade máis inclusiva, accesible e sen barreiras para todas as persoas. Defendemos os dereitos das persoas con mobilidade reducida, diversidade funcional e colectivos vulnerables, promovendo melloras no espazo público, nos servizos e na accesibilidade universal. Porque unha cidade accesible é unha cidade mellor para toda a veciñanza. 💙♿
